Páginas

martes, 12 de marzo de 2013

Salón do libro. Curso 2012/13

Os nenos de Educación Infantil, participaron no Salón do Libro.

Este ano a temática eran as MÁQUINAS, e os nenos crearon un tren das emocións. 

Ademais cada aula, inventou un conto, e cada conto, falaba dunha emoción. Os contos subiron ó tren, e este foi pola vía ata o auditorio de Pontevedra, onde se expoñían os traballos de tódolos coles. 
 


E aquí están os autores, no percorrido que fixeron, diante do seu tren; antes tiveron sesión de conta-contos; puideron pedir un desexo, na máquina dos desexos, e mirar como eran por dentro as computadoras e os reloxos.

Os nenos disfrutaron con todo o proxecto.