Cociñando contos

Como xa vai sendo habitual por estas datas, o noso colexio prepárase para a súa participación no Salón do Libro 2014 que este ano está adicado á cociña e que leva por título "Cociñando Contos".



O ciclo de Educación Infantil participa nesta exposición a través das aulas de 4 e 5 anos. Estas clases elaboraron cadanseu conto a partir dalguna verdura ou froita. Convertíndose así en ingredientes indispensables no caldeiro da nosa Bruxa particular. Con todos estes ingredientes en forma de contos a nosa meiga elaborará unha pócema especial para pasar un rato estupendo.



Na elaboración dos contos, a meiga e o seu caldeiro participáron tódalas profes do ciclo de Educación Infantil e os rapaces das aulas de 4 e 5 anos e as aulas vermella e amarela de Educación Especial.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                              





Os ingredientes necesarios para esta pócema son os contos: 
- La Cebolla Salvadora
- El tomate Tomatin
- Pera con queso sabe a Beso
- Historia dunha cenoria
E antes de levar a nosa bruxa particular ó Pazo de Cultura puidemos disfrutar no cole dun pouco destes maravillosos contos.






As clases de 4 e 5 anos así como as aulas vermella e amarela de Educación especial irán en Marzo de Excursión ao Salón do Libro pero vos invitamos a que tamén vaiades papás, mamás, avós, avoas, tíos, tías...cos vosos nenos/as a disfrutar dun Salon do Libro moi saboroso.

Para máis información sobre os horarios de visitas, obradoiros e actividades que terán lugar no Salón do Libro podedes visitar o enlace : www.salondolibro.org



Comentarios