O traxe novo do Rei

O pasado martes 4 de febreiro tivemos a sorte de asistir no noso salón de actos á obra de teatro "O traxe novo do Rei. Un teatriño de títeres cun maravilloso actor que deleitou coas súas voces e monicreques ós nenos/as de Infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria.


Así mesmo os nenos de 5 anos traballaron como se elaboran as entradas  para asistir a distintos eventos: circo, concertos, museos, acuarios, teatros....mediante un diálogo dirixido con preguntas tales como :¿qué necesitamos para entrar?...todos contestan: UNHA ENTRADA. Pasaron así a outras preguntas como canto custa, que datos levan as entradas, a que hora temos que estar alí, etc.
Así aproveitaron que tiñamos a obra de teatro no salón de actos para elaborar as súas propias entradas para poder asistir.
                                                                  















Con ela baixaron ó teatro e alí toparon unha acomodadora que lles ticou a entrada cunha taladradora e lles indicou onde se tiñan que sentar.





 Foi unha experiencia moi motivadora para os nenos/as.¡ Nunca fixeran unha fila tan ben! Non me extraña, xa que se non lles ticaban a entradan non podían acceder ó teatro.





Comentarios