¡Chegou o Entroido!

¡Por fín chegou o Entroido ó colexio! Despois de ter que aplazalo por motivos metereolóxicos, por fin este venres 7 de marzo puidemos festexar o Entroido no colexio e cun tempo inmellorable.

Durante os días previos o colexio estaba xa cheo do ambiente do Entroido: nenos/as confeccionando caretas, disfraces, carteis.

O venres xa estaba todo listo para bailar no noso "sambodromo" particular no que participaba todo o colexio. Pero antes puidemos disfrutar nas aulas dunha sesión de baile moi animada e das ricas filloas e orellas que elaboraron os pais e nais, ¡moitas grazas pola vosa colaboración!

Este ano os disfraces estaban relacionados coas profesións. Os nenos/as de 3 anos e a aula vermella disfrutaron vestíndose de pitiños coidados polas granxeiras.

                                                                                                                                                                                     
Os nenos/as de 4 anos pasarono en grande cos seus disfraces de polbos tendo coidado de que as pescadoras non os colleran coas nasas.

                                                                                                                                                                                
E os nenos/as de 5 anos e a aula amarela revoloteaban polas aulas disfrazados de abellas baixo o atento coidado das súas apicultoras particulares.






Despois de disfrutar tanto nas aulas preparámonos para o noso gran momento no desfile, no que disfrutamos moito bailando tanto as nosas cancións como as do resto dos ciclos do colexio.


Ó final da mañán xa non podían máis despois dun día tan completo e remataron descansando poloo chan do patio, pero sempre atentos os grandes presentadores que tivemos e os maravillosos disfraces do resto das aulas.


Moitas grazas a Dibay pola animación da que disfrutaron os nenos/as ó final e os pais e nais que puideron vir a vernos e que tanto nos animaron.

Podedes ver algunhas das fotos que se sacaron durante o desfile na páxina web do colexio

Comentarios