Páginas

domingo, 30 de marzo de 2014

Como facer un teatro

Nesta 4ª Unidade sobre os Medios de Comunicación, os alumnos/as de 5ºA de Infantil traballaron tamén o TEATRO.
Investigaron sobre todo o que é necesario para facer unha obra: escenario, butacas, carteis publicitarios, actores, decoración, expresións das emocións, etc. Grazas a toda esta investigación os nenos/as tiveron a idea de facer eles mesmos un pequeno teatro e de pedirlle a Juan (da Aula Verde) que nos axudara na representación.
O primeiro que fixeron foi a creación dun mural e cartel publicitario co:
- Título da Obra: Os sete cabritiños.
-Lugar: 2ºA de Inf.
- Data: Venres 28 de Marzo
- Prezo: 1€ (pintado)




Logo viñeron os ensaios e a creación do dalgúns decorados.



E finalmente chegou o día da obra: os actores preparados, os decorados colocados, o público comezaba a encher as butacas, silencio e....¡Arriba o telón!











Moitísimas grazas a todo o público que asistíu e a Juan da aula verde que tan ben representou ó Lobo.

Pequenos redactores

Os nenos de 5ºB de Educación Infantil fixemos un periódico moi especial. 
Primeiro pensaron entre todos o título "Periódico la vuelta al mundo". Despois cada un pensou a súa noticia que escribiron despois coa axuda das profes. Finalmente decoramos os títulos das seccións en grupos.
Pasáronno en grande e quedoulles moi bonito. ¡Noraboa!
                                                                                          


Unha visita que nos acercou a Gaudí

O venres 28 de Marzo o pai dunha nena de 6º de Infantil veu ó colexio para explicarlles un pouco sobre a súa profesión: Delineante.




Os nenos/as estiveron moi atentos á sua explicación e os planos que lles mostrou Marcos o pai de Ánxela. Cando se foi, algún neno/a dixo que el tamén quería ser delineante.










                                                                                                                                                                         
                                                                                                                                                                        
Agradecemos moito esta visita xa que foi unha experiencia moi interesante para os alumnos/as e axudaos a completar o que están a aprender sobre Gaudí.

Facendo pareados que ben o pasaron

Unha vez máis os nenos/as de 6º de Infantil traballaron en grupos, esta vez para inventar pareados. Un capitán de equipo dirixia o grupo, distribuíndo os distintos roles. Tiña que escoitar as propostas e mirar que rimasen, elexir que o escribía e axudarlles na escritura. Todo cheo de armonía e poesía.
                                                                                                                                                                             

                                                                                                                                   



Érase unha vez...

Os nenos/as de 6º de Infantil as veces tamén leen contos ós seus compañeiros. Neste caso foi o conto "A mosca chosca". Encantoulles disfrazarse para a ocasión.

lunes, 24 de marzo de 2014

Traballo cooperativo

Os nenos/as de Educación Infantil soen traballan de xeito cooperativo en moitas ocasións e neste mes de Marzo ofrecémosvos unha mostra do seu traballo en 4 e 5 anos.

Os alumnos/as de 4 anos atópanse traballando as distintas emocións (ledicia, trizteza, vergoña, medo, enfado, asombro) e despois de interiorizar ben as súas características dispuxeronse en grupos para establecer o seguinte procedemento:
1º Determinar no grupo que emoción ían traballar.
2º Establecer que parte da cara debuxaría cada un dos membros do grupo.
3º Facer o debuxo.


 Este foi o resultao dos distintos grupos:


Nesta unidade os nenos de 6º de educucación Infantil, observamos e admiraron as obras do pintor cubista “Juan Gris”.
Despois traballaron por equipos, para crear as súas propias obras.
Aquí tendes o resultado, de todo o proxecto.




                                                                                                                                                                     

 



Redactores por un día

Os nenos/as de 6ºA de Educación Infantil convertíronse en redactores por un día creando "La voz de Infantil".
Despois de escoitar noticias na radio, por grupos crearon a noticia que escoitaran. Primeiro o titular, despois a reacción da noticia e remataron cun debuxo alusivo.