Páginas

viernes, 25 de abril de 2014

Nun lugar de Placeres...

Este semana do 22 ó 25 de Abril celebramos no colexio a Semana Do Libro adicándolla a gran obra de Cervantes "Don Quijote de la Mancha".
Os alumnos/as puideron coñecer así quenes foron Don Quixote e Sancho Panza a través de libros, música e películas:

Visitaron a exposición de Don Quixote que había na Biblioteca do colexio:


 Decoraron as clases e corredores coma se estivesemos na batalla do famoso fidalgo contra os muiños transformados en xigantes:



 Incluso elaboraron os peus propios muiños de vento:


Os alumnos de 6º de Infantil elaboraron un gran Quixote de Cervantes para expoñer na entrada de Infantil:


 O mércores 23 de Abril todo o colexio transformouse nun pobo de Castela a Mancha e disfrazámonos acorde á época de Don Quixote:


Foi unha gran semana chea de actividades e sorpresas que os nenos/as de Infantil en colaboración coas aulas de Educ. Especial Vermella, Amarela e Verde puideron aproveitar e disfrutar.







martes, 22 de abril de 2014

Joan Miró nas aulas

Os alumnos/as de 5º de Infantil traballaron ó longo do 2º trimestre a obra e vida de Joan Miró a través das seguintes actividades:
- Escribiron unha pequena biografía.

- Pintando algúns dos seus cadros máis coñecidos (Azul II, El carnaval del arlequin, La bailarina, El oro del azur)

-E para rematar fixeron unha escultura moi colorista.
Aquí vos deixamos un par de enlaces de video sobre os que estiveron traballando os nenos/as:



miércoles, 9 de abril de 2014

Zumbando entre abellas

Os nenos/as de 6º de Educación Infantil e as aulas vermella e amarela disfrutaron o pasado martes 8 de Abril dun estupendo día na Granxa Apípolis.
Tiveron a oportunidade de experimentar como auténticos apicultores no coidado das abellas.


Ademáis fixeron galletas, candeas... e divertíronse moito cos xogos nos que participaron tódolos nenos/as.









Healthy break again

Unha vez máis o Departamento de Linguas extranxeiras e o equipo de Educación Infantil traballaron xuntos para levar a cabo un novo Healthy Break o pasado luns 7 de Abril, esta vez cos nenos/as de 5º de Educ. Infantil.
Gracias á colaboración dos alumnos da ESO e da aula Azul os nenos/as de Infantil puideron disfrutar de froita recen cortada (apples, pears, bananas, oranges...), cereais (cereals), chocolate, leche (milk), zumo (juice), tostadas (toast), mermelada (jam), iogures (iogurt), etc. Tamén serviu para que maiores e pequenos puideron establecer pequenas conversas en inglés.

 
 

Thank you!!!!




martes, 8 de abril de 2014

Visita ó Salón do Libro

O pasado mércores 2 de Abril os alumnos/as de 5º e 6º de Infantil e as aulas vermella e amarela de Educ. Especial visitamos o Salón do libro, onde puidemos disfrutar da maravillosa obra teatral "Martes" .


  

Despois do teatro, puidemos observar e admirar tódolos traballos dos distintos colexios participantes,  ademáis da nosa bruxa co seu caldeiro de contos, estaban todos moi emocionados.


Pequenos pintores cubistas

Os alumnos/a d 6ºA de Infantil traballaron o cubismo en grupos para facer o cadro "La venta abierta" de Juan Gris (nacido en Madrid e máximo representante do cubismo).
Os nenos/as repesentaron as características de este estilo: cores apagadas, imaxe dun instrumento, etc.  Pegaron as partituras, a guitarra, a cunca coas uvas e a botella para representar o "paper collé" (papel pegado) que daría paso posteriormente ó collage.