Páginas

domingo, 25 de mayo de 2014

Celebrando a festa da Santa Nai

O venres 23 de Maio celebramos a gran festa da fundadora dos nosos colexios, a festa de Magdalena Sofía Barat.
 Durante toda a semana e ese gran día puidemos rezar con Sofia nalgúns dos lugares máis significativos do colexio.
 Ante a previsión de mal tempo a eucaristía celebrouse na capela do colexio e os nenos/as de 5 anos participaron nela cantando o Himno dos Grupos Barat, canción dedicada a Magdalena Sofía.
Os alumnos/as de 5 anos tamén decoraron o colexio cun precioso mural dedicado á Santa Nai.
Para merendar a nosa cociñeira Yolanda elaborou un delicioso biscoito do qeu non deixamos miga ningunha. ¡Grazas!
 Tódolos nenos de Infantil adicamos neste día un bonito debuxo para a nosa fundadora.

 Para rematar este gran día puidemos disfrutar dunha gran actuación: o Mago Deimi, promovida por unha familia de Educ. Inf., que abraiou os nenos/as de Educación Infantil, Especial e 1º,2º e 3º ciclo de Primaria. Os alumnos/as disfrutaron da maxia nun día máxico e especial para o Sagrado Corazón.





Vivindo a arte no Marco

O pasado 22 de Maio as aulas de 4 anos e a aula amarela realizamos unha excursión ó Museo Marco de Vigo, onde visitamos a exposición Veraneantes.
A exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes distribuídas por todos os espazo da planta baixa do MARCO, incluíndo intervencións específicas en zonas de tránsito de visitantes no interior e no exterior do edificio.
Xa no interior puidemos experimentar, tocar e escoitar todo o relacionado coas obras de arte que alí estaban expostas. Aprendimos as diferenzas entre cadros, esculturas e instalacións, ademáis de recoñecer os distintos materiais dos que estaban feitas as obras.
 Tamén puidemos formar parte do museo coa nosa arte. Xa no taller elaboramos as nosas bolboretas que formarán parte da instalación permanente que se atopa no museo.


 Queremos dar as grazas as monitoras e traballadores do Museo Marco que tan amena nos fixeron a visita e tan boas explicacións nos deron.


domingo, 18 de mayo de 2014

"Un paso adiante i outro atrás, Galiza..."

Na semana das Letras Galegas os alumnos/as de Educación Infantil e as aulas vermella, amarela e verde coñecemos parte da vida e obra de Xose María Díaz castro

 a través de murais:

Ademáis adicamos a semana a ler poesías de distintos poetas galegos e os nenos/as de 5 anos copiaron os poemas que máis lles gustaron para facer un pequeno libro de poemas galegos:


 Os nenos/as de 4 anos elaboramos unha pequena biografía do autor recollendo algúns dos seus datos máis significativos e un dos poemas que máis nos gustou.
 

Como fin de festa tivémola sorte de poder disfrutar dun pequeno festival presentado polos alumnos/as do 1º ciclo de Primaria no que actuaron os nenos de 1º e 2º curso de primaria recitando algúns poemas e cos pandereteiros da "Asociación Cultural de San Cibran de Tomeza" que cantaron para nós algunhas típicas cancións galegas. ¡Moitísimas grazas a todos eles pola sua participación!




domingo, 11 de mayo de 2014

Celebrating Europe's day

O pasado día 9 de Mayo celebramos no colexio o Día de Europa. A cada clase asignouselle un país para afondar na súa cultura, lingua ecaracterísticas particulares.
Os nenos/as de 3 anos coa aula vermella traballaron o Reino Unido e Irlanda a través de distintos murais, cancións e bandeiriñas:

Os nenos/as de 4 anos coa aula amarela traballaron coñecendo os paises de Finlandia e Suecia a través de personaxes famosos, palabras na súa lingua, bandeira, etc.

Os nenos/as de 5 anos coa aula amarela afondaron no cultura, música, literatura, lingua, gastronomía... de Francia e Alemania.


Entre todos queremos formar unha Europa en paz. ¡Feliz Día de Europa!