Páginas

miércoles, 18 de junio de 2014

¡Graduámonos!


Que día tan maravilloso e triste á vez. Os nenos/as marchan a Primaria, danos moita pena pero sabemos que se esforzaron moitísimo e están preparados. 


Moitísimas grazas a tódolos pais, nais, avós...polas mostras de cariño, polas palabras entrañables que nos adicaron, nunca as esqueceremos. Grazas tamén ás profes que ó longo destes tres anos de Infantil deixaron as súas ensinanzas, aprendizaxes e cariño nos alumnos/as: Carmen, Maika, Bea, Dori,Cruz, Lola,  Rosi e moitas máis. Grázas tamén a tódalas compañeiras que axudaron na decoración, montaxe, etc. e que tamén fixeron posible que saíra todo estupendamente hoxe. E sobre todo, moitísimas grazas a tódos e cada un dos nenos/as que hoxe se graduaron porque recibimos de vós moitos momentos que serán difíciles de esquecer.

Joaqui, Ampa, Silvia


Aquí deixamos o vídeo coas fotos dos momentos vividos nestes tres anos. Promoción 2011.2014

domingo, 8 de junio de 2014

Proxecto Joan Miró

Por fin!! Traballo rematado. Os alumnos/as de 6ºA de Ed. Infantil recolleron os seus cadros e as esculturas expostas no museo do cole, que foron traballadas con moito esmero. O resultado foi moi gratificante xa que utilizaron distintas cores, formas, figuras xeométricas, letras e tamén xeografía.

Visita ó Zoo



O mércores 4 de Xuño, os nenos/as de 4º de Educación Infantil mais Aula Vermella fomos de visita ó Zoo da Madroa en Vigo. Saímos do colexio coas nosas mochilas cargadas de ilusión e de ricas merendas ,que tomamos alí, nada mais chegar, para coller forzas. 

Despois da merenda dirixímonos á entrada, onde nos agardaban dous agradables monitores que nos guiáron por todo o recinto e nos ensinaron moitas curiosidades sobre os animales que atopabamos polo percorrido. Algúns escondíanse ó sentirnos chegar, pero outros, coma os osos exhibíronse a placer. 




Voltamos para o cole algo cansos, pero con ganas de coñecer mais cousas dos animais.

Kokoleoko

O pasado mércores 4 de Xuño os nenos/as de 5º de Infantil e a aula Amarela disfrutamos dunha sesión musical diferente. Primeiro partimos da canción Kokoleoko, unha canción típica africana:

Despois o profe Rubén trouxonos un par de yembés aprendemos como se facían, como soaban... estivemos moi atentos ás súas explicacións:
A continuación os nenos/as puideron experimentar por eles mesmos os distintos sons que producían os instrumentos e os distintos ritmos que producían:

Por último, xa nas aulas, os rapaces pintaron as caras con motivos africanos.

Un día cheo de arte

O pasado mércores 4 de Xuño os alumnos/as de 6ºB de Infantil aprenderon e experimentaron como escultores e músicos.
Primeiro e a través da obra "O poeta e a mussa" de Niki de Saint Phalle, os nenos/as experimentaron co barro e as cores como verdadeiros escultores.
 Despois e grazas a colaboración do profe Ruben os rapaces puideron experimentar distintos ritmos gracias os yembes.


Locutores por un día

No mes de Abril os nenos/as de 6ºA de Infantil A escoitaron 4 noticias de Radio Voz que foron traballadas na aula. Noutra sesión decidiron ser eles os protagonistas das mesmas.

Pasárono estupendamente e aprenderon moitas cousas sobre a profesión de locutor, a redacción da noticia, o guión, a diferencia cun reporteiro ou periodista da televisión, corresponsal, etc.


domingo, 1 de junio de 2014

Flores para María

O mes de Maio adícase a Virxe María e os nenos/as de Infantil estivéronlle adicando flores e as súas oracións durante todo este mes.
Para rematar o mes adicado a María os nenos de 3 anos fixeronlle unhas flores de papel e un bonito mural.



Experimentando coa auga

O pasado 28 de Maio o nenos/as de 6ºA de Infantil puideron experimentar coa auda de distintos xeitos: aprenderon a trasvasar líquidos, vasos...

Tamén puideron medir líquidos cun medidor. Descubriron como encher unha botella de 2L con 4 botellas pequenas de 50 cl, calculando cantas serían necesarias para chegar ós 2L.


Comprobaron como algúns recipientes como o escurrecubertos non poden conter a auga porque escapa polos buratos ou como non se pode encher un cucurucho de papel porque se vai humedecendo e remata rompendo.
 
Foi unha experiencia inolvidable inda que todos remataron cos mandilóns mollados.