Páginas

domingo, 26 de octubre de 2014

O noso corpo

Nesta primeira unidade do curso, os nenos/as de 5 anos elaboramos unha pequena exposición nas nosas aulas sobre: O corpo Humano.
Coas cousas que tiñamos na aula e moitas máis que trouxeron eles da casa: debuxos, xogos, calaveras, libros... elaboramos a nosa pequena exposición.
Traballamos o esqueleto coñecendo máis cousas sobre os osos, articulacións e como coidalos. Incluso fixemos os nosos propios esqueletos con plastilina e arxila branca.


 Profundizamos no coñecemento do aparato dixestivo e pulmonar por medio do traballo cooperativo : cales son as súas funcións, que compoñentes teñen.... ata elaborar uns propios.
 Unha das últimas experiencias que tiveron os nenos/as neste proxecto foi o de escoitar o corazón dos seus compañeiros e o seu propio en reposo e en actividade.
 Deixámosvos o enlace dun video sobre o funcionamento do corazón que lles axudou moito a coñecer un pouco máis sobre o copor humano:


O Outono chegou e moitas follas nos deixou

Os nenos/as de 4ºA de Infantil e a aula Vermella recolleron follas do outono, experimentando con elas, clasificándoas por cores, formas, pisáronas, cheiránonas e tiránonas polo aire...

Primer cumpreanos en 4ºA

Naira cumpríu 3 anos e quixoo compartir cos seus compañeiros/as agasallándolles cunha tarta. Eles non quixeron ser menos e decoraroon a súa coroa coa impresión dixital do seu dediño. Por algo hai que empezar ata que sepan escribir o seu nome. Cantarnlle, aplaudíronlle...foi un rato moi emotivo para todos.



viernes, 17 de octubre de 2014

Festexando o Outono

Para festexar o Outono os máis pequenos comezaron a súa tarea artística coas follas do outono facendo un caracol. Seleccionaron as follas, pegáronas e despois colorearon.¡ Foi moi divertido!


Despois de disfrutar do conto da Árbore sen follas, os alumnos/as acudiron ó noso bosque a abrazar ás árbores para que non estiveran tristes porque os nenos/as as queren e lles pintarán as follas coas cores do outono para alegrar esta estación.



Celebrando o Día da Hispanidade

O pasado 10 de octubro os nenos/as de 3 anos celebraron o Día da Hispanidade disfrazándose, fixeron a sua caravela e puxerona rumbo a América ó ritmo dunha canción sobre Cristobal Colón.


Pequenos científicos

Os alumnos/as de tres anos foron ó laboratorio como verdadeiros expertos. Miraron os microscópios, bisturí para diseccionar ,pinzas para sacar tecidos, animais disecados, minerais, unha colección de insectos...
Unha gran experriencia natural e científica.


Sesión de psicomotricidade

Nas sesións de psicomotricidade os alumnos/as poden experimentar cos xogos e outros elementos. Nesta sesión centrámonos nun xogo tradicional (Tira soga) e despois tive3mos o noso intre de relaxación coas pelotas.





Xogando no cole

Pouco a pouco van superando o periodo de adaptación. Así os máis pequenos comezan a ter vivencias no que xa consideran o cole de maiores. O intre do recreo é un momento educativo no que se poden observar as preferencias que os nenos/as teñen en canto ós xogos.


Experimentando coa pintura

A pesares de estar no periodo de adaptación, os máis pequenos fixeron unha árbores cos pés. Os nenos/as sentíronse moi ben, moitos con cóxegas, o cal fixo inda máis alegre a actividade.


Aproveitamos tamén que estabamos coas pinturas para coller os pinceis e elaborar un bonito mural.


Un novo cole

A pesares do difícil que é a adaptación para os pequenos/as de 3 anos, os nenos/as deron o mellor de sí. Aquí os temos nestes momentos, difíciles para eles, tranquilo e participativos.