Páginas

jueves, 20 de noviembre de 2014

Degustando ricos froitos

Neste mes de Novembro puidemos disfrutar dos ricos froitos do outono, grazas a Estación Fitopatolóxica do Areiro en Lourizan.
Nas aulas cheiraba a feixoas, caquis, noces, guaiabos e castañas. Os nenos/as das aulas de Infantil e os das aulas de Educación Especial Amarela e Vermella de  puideron probalos e descubrir algúns sabores que non coñecían.


Disfrutando do Magosto

O pasado 14 de Novembro festexamos no colexio o xa tradicional Magosto. Foi unha semana moi intensa e chea de actividades, na que preparamos as nosas manualidades para un día tan especial, decoramos as nosas caixas para as castañas, fixemos poemas, cantamos, bailamos,disfrazámonos etc.


Cando xa ttiñamos as clases listas baixamos a polas nosas castañas que a A.M.P.A. do colexio tan amablemente nos asou. E xa listos coas castañas e a bebida que nos ofreceron, voltamos ás clases para poder comelas xa con calma.


Disfrutamos dun moi feliz Magosto 2014. ¡¡Moitas grazas ós que o fixeron posible!!

domingo, 9 de noviembre de 2014

Visita á Granxa Montero Ríos



Este venres 7 de Novembro, os nenos/as de 5° de E. Infantil e nenos da aula Amarela visitamos a Granxa Montero Ríos, onde fomos recibidos por un guía moi  amable, que nos acompañou nun bonito percorrido.



Poidemos disfrutar das cores e aromas do outono en todo o seu esplendor, xa que íamos ben preparados coas nosas botas e impermeables.Disfrutamos moito vendo as árbores tan altas que hai, pisando os  ourizos caídos, descobrindo cogumelos agochados e ata tivemos tempo de merendar cuns raiños de sol.
 
Foi unha mañá moi ben aproveitada!

O Samaín

O pasado Xoves 30 de outobro festexamos no cole o xa tradicional Samaín. Os nenos/as de Infantil volcáronse ó igual que o resto do colexio na confección de adornos e fermosas cabazas para exposición.




Coñecemos o noso corpo



Nesta primeira unidade que estamos a rematar, os nenos de Quinto curso de Educación Infantil traballamos no coñecemento do noso corpo a través dos sentidos.
Cómo somos?

Medímonos...

A qué cheira?


Doce ou salgado...

Tamén traballamos o Outono, descubrimos as súas cores, os seus olores e ata os seus sons, a través das follas caídas do noso bosque...