Páginas

martes, 9 de diciembre de 2014

Traballando a Pollock

Despois de visionar vídeos sobre este Pollock, un pintor abstacto norteamericano, pasear visualmente polo Moma e descubrir historias sobre a cidade que o víu pintar. Os nenos de 3 anos empregaron a pintura soprando, raiando con paiños chinos, con goteros, culleres... todo libremente como este gran pintor.
Este foi o resultado.



Todos somos iguais, todos somos distintos

O pasado 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Para conmemorar este día tan especial os nenos de 4 e 5 anos e a aula Amarela fixemos un mural moi no que cada neno/a se debuxou a sí mesmo xa que todos somos distintos por fora, pero por dentro temos todos o mesmo corazón.

Por último, rematamos este gran día cunha canción moi animada.

Lixo nos océanos

O día 27 de outubro os nenos/as de 6º de Infantil e a aula Amarela fixemos unha saída á "Fundación Barrié de la Maza" para visitar unha exposición que tiña por nome "Lixo nos océanos", baseada no proxecto http://www.plasticgarbageproject.org/.
Primeiro visitamos a exposición, onde nos ensinaron moitas cousas para coidar os nosos océanos e despois con botes, tapóns, botellas... fixemos un animal marino.
Todos foron moi bonitos e creativos xa que ¡ somos uns artistas!



Traballo cooperativo

Gústanos moito traballar en grupo, por iso cada vez que a mestra di "traballo cooperativo" rápido comezamos a facer os grupos e a dividirnos o traballo. Uns recortan, outros pegan, outros escriben... entre todos as cousas son máis divertidas e aprendemos un montón.
Nesta actividade tivemos que traer das casas publicidade de alimentos e nós mesmos elaboramos os carteis da froitaría, carnizaría, panadaría...
Mirade como traballamos...