Páginas

jueves, 19 de noviembre de 2015

Excursión de 5º de infantil ó pazo de Montero Ríos


Os nenos de 4 anos disfrutaron da natureza nun día de outono.Puideron observar distintas árbores os seus nomes e orixe,  as suas follas, distintos troncos,  plantas....
Descubriron o pazo da raíña "a" e o rei "u",  a piscina onde se bañaba a princesa "i", a coviña onde se aseaba e se miraba nos espellos, a árbore onde lía.
Tamén descubriron a cova dos trasnos onde atoparon unha pequena fervenza.
Entraron nun invernadoiro para ver as carpas,  plantas acuáticas e carnívoras.
Remataron a mañá merendando nas escaleiras do pazo e xogando coas follas,  flores e froitos do outono.

 









lunes, 15 de junio de 2015

Botero en Placeres

Os nenos/as de 4º de Educ. Infantil depois de ver varios videos para coñecer a biografía e obras deste gran escultore traballar primeiro en plastilina,fixeron a man de Botero con pasta de modelar e palillos. En grupiños de de 4 nenos/as foron seguindo as indicacións das profes. Despois pintarona de gris escuro , descubrindo a mestura das cores negra e branca. Finalizaron con alkil para darlle brillo.


Festexamos o Sagrado Corazón

O venres 12 de Xuño os nenos de 4º de Educ. Infantil foron visitar o Sagrado Corazón para cantarlle unha canción neste día tan especial. Fixeron tamén un corazón que lle regalaron a outro compañeiro acompañado dun bico.

miércoles, 10 de junio de 2015

Me renda saludable

Aínda que sempre tratamos de que as nosas merendas sexan o mais saudables e nutritivas posibles, este día fixémolo dun xeito especial, adicándonos en exclusiva as froitas. Pasámolo moi ben clasificándoas, lavándoas e preparando unas ricas brochetas, das que por suposto dimos boa conta.

O mes de María

É o mes de Maio o mes de María, os nenos de 5º de Infantil celebrámolo dun xeito especial o día 13, cunha visita á Virxe na gruta do cole. Alí rezámoslle como mellor nos sabemos: cantándolle e adicándolle as nosas poesías, flores e bichos.

domingo, 24 de mayo de 2015

Preparando todo para o 150º aniversario

O próximo luns 25 de Maio celebraremos en tódolos colexios do Sagrado Corazón o 150 aniversario do falecemento da nosa fundadora Magdalena Sofía Barat.
Para tan importante celebración estivemos a preparar un vídeo sobre a vida de Sofía: pintando os murais da sua casa en Joigny, vestíndonos coma naquela época, xogando entre as viñas como facía ela...

Maio o mes de María.

O mes de Maio é o mes das flores e o mes de María. Os pequenos do cole levaron flores á Virxe e o día 13 visitaron a "Virxe da Cova", como eles a chaman. Alí cantaronlle e algúns lle dixeron algunha fraseciña cariñosa.







O meu Senecio

Paul Klee e as cores cálidas. A través dun cadro deste pintor traballamos a forma xeométrica o cadrado e as cores cálidas: bermello, amarelo e laranxa.
Asociamos o bermello ao corazón, o amarelo ao sol e o laranxa ao lume.
Ademáis aproveitamos esta ficha para debuxar a cara e as súas partes. Asimilárono moi ben.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Aí ven o Maio

"Ao chegar a primavera
plantamos as nosas flores
e con elas decoramos
a varanda do noso cole.
Aquí estamos os de 4
dos pequenos os medianos,
todo o día agatuñando
!AY QUE VER QUE TRABALLO!
Queremos medrar felices
sempre queremos xogar
e a este maio florido
 moito nos gusta cantar.
Vivimos en letrilandia
cunha familia real
e fuximos dos xigantes 
que só fan que molestar.
Para o ano xa pasamos
a primeiro cos maiores,
Infantil xa rematamos
moito nel disfrutamos."

Este foi o Maio que cantamos este curso 2014-15. Moitas grazas a tódalas familias pol súa colaboración na recollida de fiuncho, ovos, flores variadas e pampullos.






domingo, 26 de abril de 2015

Visitando Apípolis

O pasado venres 24 de Abril os nenos/as de 5 anos e as aulas Vermella e Amarela realizamos a nosa excursión de fin de curso á Granxa Apípolis.
Alí puidemos aprender todo o relativo ás abellas: por que son importantes, onde viven, que productos nos dan, etc.
Tivemos tamén varios talleres nos que elaboramos galletas de mel , velas e puidemos levar para a casa un tarriño de mel.

Unha das actividades que máis lles gustou foi poder vestirse de apicultores e entrar de cerca a ver ás abellas.
Como xa somos maiores, esta foi a primeira excursión na que comeron fora da casa. Foi toda unha experiencia para eles. Despois de comer puideron disfrutar duns intres de xogos con balóns e cancións variadas por parte dos monitores.