Onde viven os monstruos

A semana do 12 de xaneiro nas aulas de 6º de Infantil levouse a cabo un proxecto sobre "O medo", tendo en conta outras emocións que tamén están relacionadas como poden ser a ledicia e a vergoña. Para isto apoiamonos no libro "Onde viven os monstruos", fixemos murais, decoramos a porta e o corredor.


Os rapaces recoñeceron o medo e aceptárono como emoción propia. Realizamos tamén debuxos sobre o medo e unha chuvia de ideas, recollendo as respostas dos nenos/as sobre como se senten cando teñen medo, cando están enfadados, cando senten vergoña...
Gracias á profe Yaiza por tan maravilloso proxecto!!

Comentarios