Excursión de 5º de infantil ó pazo de Montero Ríos


Os nenos de 4 anos disfrutaron da natureza nun día de outono.Puideron observar distintas árbores os seus nomes e orixe,  as suas follas, distintos troncos,  plantas....
Descubriron o pazo da raíña "a" e o rei "u",  a piscina onde se bañaba a princesa "i", a coviña onde se aseaba e se miraba nos espellos, a árbore onde lía.
Tamén descubriron a cova dos trasnos onde atoparon unha pequena fervenza.
Entraron nun invernadoiro para ver as carpas,  plantas acuáticas e carnívoras.
Remataron a mañá merendando nas escaleiras do pazo e xogando coas follas,  flores e froitos do outono.

 









Comentarios