Páginas

domingo, 25 de enero de 2015

Onde viven os monstruos

A semana do 12 de xaneiro nas aulas de 6º de Infantil levouse a cabo un proxecto sobre "O medo", tendo en conta outras emocións que tamén están relacionadas como poden ser a ledicia e a vergoña. Para isto apoiamonos no libro "Onde viven os monstruos", fixemos murais, decoramos a porta e o corredor.


Os rapaces recoñeceron o medo e aceptárono como emoción propia. Realizamos tamén debuxos sobre o medo e unha chuvia de ideas, recollendo as respostas dos nenos/as sobre como se senten cando teñen medo, cando están enfadados, cando senten vergoña...
Gracias á profe Yaiza por tan maravilloso proxecto!!

jueves, 22 de enero de 2015

Amasando

O venres 16 de Xaneiro, os nenos/as de 5° de Infantil adicamos un anaquiño da mañá a experimentar coa fariña e ver o que podiamos facer con ela. Igual que o lobo do conto dos sete cabritos, metímonos en fariña ara facer os nosos moletes de pan. Pasámolo moi ben e disfrutamos moito da experiencia. Moitas grazas a Yoli, a cociñeira do colexio por facilitarnos tanto todo.



Disfrutando do Nadal

O pasado trimestre puidemos disfrutar no colexio dunha das datas máis importantes do ano: O Nadal. Pero o Nadal non son só os días festivos senon que se trata dun camiño que todo Infantil recorreu: O Advento. A través de distintos murais, oracións, lecturas e actividades preparamos a chegada no neno Xesús.


 Realizamos tamén distintas actividades ante a chegada do frío do Inverno.



 E chegou un dos grandes días destas datas: as funcións de Nadal. Familias, nenos/as e profes estabamos dexesando ver como tódolos duros días de ensaio daban os seus froitos. Dende o equipo de Infantil queremos dar as grazas a tódalas familias polo seu gran traballo á hora da realización dos traxes para as distintas obras, os nenos/as estaban incribles.

Para rematar este primeiro trimestre as súas maxestades os Reis Magos visitaron o noso colexio e os nenos/as estaban impacientes por velos. Antes da sua chegada botamos a carta no buzón real e apreciamos o Belén que elaboraron os profes e rapaces da ESO.

E así rematou o noso primeiro Trimestre do curso 2014-15, cheo de ilisións e bos desexos para o novo ano. Moitas grazas as familias e a ANPA pola sua colaboración.