Páginas

domingo, 22 de marzo de 2015

Da ciencia á Ficción

Coma tódolos anos no mes de Marzo, o pasado día 17 os alumnos/as de 5º,6º de Infantil e as aulas vermella e amarela visitamos ó Salón do libro.
Alí puidemos realizar unha gran visita polas súas instalacións, observando o grande traballo doutros centros así como o noso querido prato voador.
Despois de visitar ó salon de exposicións, deleitámonos  no auditorio coa obra de teatro "Luppo".


Pequenos científicos

Ó longo deste curso 2014/15 os alumnos/as de Educación Infantil realizaron algunhas sesións no laboratorio do colexio. Neste ambiente, puideron descubrir como empregar os distintos instrumentos típicos nun laboratorio: microscopio, probetas, mostras... así como realizar distintos experimentos: presión da auga sobre distintos materias, propiedades refrectarias, mestura de distintos compoñentes, etc.
Neste maravilloso ambente estivemos acompañados polo profesor Fernando da E.S.O. que nos ensinou todo o anteriomente citado, ademáis de facernos a ciencia un pouco máis divertida. Moitas grazas profe Fernando!!


Para rematar aquí vos deixamos uns pequenos videos que demostran o asombroso da ciencia nesta idade:



domingo, 15 de marzo de 2015

Experimentando a nosa motricidade

Os martes podemos disfrutar das sesións na aula de psicomotricidade. Os nenos/as experimentan cos distintos materiais as capacidades físicas do seu corpo e as súas habilidades motrices. Pasamos un momento moi divertido ó mesmo tempo que aprendemos.


Os músicos de Praceres

Aprendendo as notas musicais, o Pentagrama... o paso seguinte é mostrar as súas dotes a través dos distintos instrumentos e o canto cos micrófonos. Unha imaxe vale máis que mil palabras...


Recicla, recicla, recicla

"Recicla, recicla, recicla.
Reciclando estás axudando.
Recicla, recicla, recicla.
E o mundo estarás salvando"
Con esta pooesía comezamos o noso proxecto de axuda ó planeta. Os nenos/as de 3 anos aportaron o seu gran de area á proposta do departamento de inglés. Inda que xa comezaron a separar a comezo de curso, separando o lixo, agora fixeron máis fincapé a través do nosa mascota o concienciapés, que lles axudou a botar cada residuo no seu lugar: verde, azul, amarelo e gris.

É o comezo dun largo camiño que axudará a salvar o noso planeta.
Traballaron por equipos: azul, amarelos, grises e verdes. Cada equipo debía buscar e recortar fotografías de plásticos, vidros, papel e materia orgánica de folletos de supermercados e pegalos en cada parte do concienciapés.


Esperemos que contaxien o seu entusiasmo ás familias.

 
Preparamos os contenedores para a reciclaxe…
 

Facemos o mural….


E buscamos, recortamos e pegamos en revistas …para pegar no contenedor correspondente.


Pequenos escultores

Os nenos/as de 6º de Infantil disfrutamos moito sendo pequenos escultores. Primeiro tivemos que decidir en grupo que escultura iamos facer. Despois fixemos a escultura decorámola e por último a pintamos.