Páginas

domingo, 26 de abril de 2015

Visitando Apípolis

O pasado venres 24 de Abril os nenos/as de 5 anos e as aulas Vermella e Amarela realizamos a nosa excursión de fin de curso á Granxa Apípolis.
Alí puidemos aprender todo o relativo ás abellas: por que son importantes, onde viven, que productos nos dan, etc.
Tivemos tamén varios talleres nos que elaboramos galletas de mel , velas e puidemos levar para a casa un tarriño de mel.

Unha das actividades que máis lles gustou foi poder vestirse de apicultores e entrar de cerca a ver ás abellas.
Como xa somos maiores, esta foi a primeira excursión na que comeron fora da casa. Foi toda unha experiencia para eles. Despois de comer puideron disfrutar duns intres de xogos con balóns e cancións variadas por parte dos monitores.


Día do Libro

Os máis pequenos disfrutaron das lecturas dos seus irmáns de 2º de Primaria.

Tamén ilustraron un conto que contarán ós seus pais na casa.





Imos plantar!

Coa chegada dá primavera, os mais pequenos queren adornar a varanda do noso cole con bonitas plantas.
Para iso, necesitamos terra, e ímola buscar o noso bosque.

Aproveitamos para observar e coñecer os nomes de flores e árboles que atopamos
Alí está a profe Olga e a profe Patricia, cos seus nenos, e moi amablemente nos axudan Ademais ensínannos a horta, e ata nos deixan regar os frutais…Moitas grazas…


 Agora xa temos todo preparado, imos plantar..
Collemos o noso tarro, botamos a terra, facemos un buraco e metemos a planta...



Colocamos ben para que o patio quede bonito
 E toca regar…

Qué bonito está! Estes nenos/as son uns estupendos xardineiros

martes, 14 de abril de 2015

Traballando a cor amarela

Os nenos/as de 4 anos fixeron zume de limón. O primeiro foi tocalo para sentir a rugosidade, despois cortalo pola metade para ver como era por dentro e como quedaba dividido en dous. Puxeron a proba a súa forza ó exprimilo, e coñeceron unha nova palabra "exprimidor" coa letra E que estamos a traballar nestre intre .
Cada un cheirouno e probouno a pesares de que estaba moi amargo, e algún quixo repetir. Chamoulles a atención que quedase totalmente baleiro ó exprimilo. As súas caras dino todo do seu sabor.