Páginas

domingo, 24 de mayo de 2015

Preparando todo para o 150º aniversario

O próximo luns 25 de Maio celebraremos en tódolos colexios do Sagrado Corazón o 150 aniversario do falecemento da nosa fundadora Magdalena Sofía Barat.
Para tan importante celebración estivemos a preparar un vídeo sobre a vida de Sofía: pintando os murais da sua casa en Joigny, vestíndonos coma naquela época, xogando entre as viñas como facía ela...

Maio o mes de María.

O mes de Maio é o mes das flores e o mes de María. Os pequenos do cole levaron flores á Virxe e o día 13 visitaron a "Virxe da Cova", como eles a chaman. Alí cantaronlle e algúns lle dixeron algunha fraseciña cariñosa.







O meu Senecio

Paul Klee e as cores cálidas. A través dun cadro deste pintor traballamos a forma xeométrica o cadrado e as cores cálidas: bermello, amarelo e laranxa.
Asociamos o bermello ao corazón, o amarelo ao sol e o laranxa ao lume.
Ademáis aproveitamos esta ficha para debuxar a cara e as súas partes. Asimilárono moi ben.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Aí ven o Maio

"Ao chegar a primavera
plantamos as nosas flores
e con elas decoramos
a varanda do noso cole.
Aquí estamos os de 4
dos pequenos os medianos,
todo o día agatuñando
!AY QUE VER QUE TRABALLO!
Queremos medrar felices
sempre queremos xogar
e a este maio florido
 moito nos gusta cantar.
Vivimos en letrilandia
cunha familia real
e fuximos dos xigantes 
que só fan que molestar.
Para o ano xa pasamos
a primeiro cos maiores,
Infantil xa rematamos
moito nel disfrutamos."

Este foi o Maio que cantamos este curso 2014-15. Moitas grazas a tódalas familias pol súa colaboración na recollida de fiuncho, ovos, flores variadas e pampullos.